Gustaríanos incluir neste proxecto unha actividade que desfrutamos todas as aulas de primeiro e segundo curso, que foi moi enriquecedora, para nos, e que nos serviu como motivación para facer moitas outras actividades. O contacontos de O cociñeiro Martiño.
Para eso acudiu ao noso centro o seu propio escritor, e amenizou o contacontos utilizando como recurso aos propios nenos, xa que os sacaba para representar partes do conto, e iso motivounos moito.
Con este blog pretendemos achegar á comunidade educativa o noso traballo sobre a alimentación saudable dentro do Plan Proxecta Aliméntate Ben. O nome do proxecto "SOMOS O QUE COMEMOS" pon en relación a importancia da alimentación para a nosa saúde e a necesidade de concienciar sobre o consumo responsable.
jueves, 31 de mayo de 2018
Plantacion de distintas sementes
Os alumnos de 2 A, como segundo paso deste proxecto e trala petición do mesmo mediante unha carta de Xermoliño, fixemos unha plantación de diferentes sementes traídas polos nenos das suas casas.
Cada neno plantou e coidou o seu vasiño de lentellas. Primeiro fixemolas xerminar cun algodon empapado en auga, para poder ver cómo lle saían as raíces e o talo, e despois trasplantamolas a Terra para que tiveran sustento e continuaran o seu crecemento.
Fixemos entre todos, plantación de lentellas en vasiños de yogur, e fixemos semilleros de plantas que se usarán como condimento dalgunha comida: Menta, albahaca e orégano.
Cada neno plantou e coidou o seu vasiño de lentellas. Primeiro fixemolas xerminar cun algodon empapado en auga, para poder ver cómo lle saían as raíces e o talo, e despois trasplantamolas a Terra para que tiveran sustento e continuaran o seu crecemento.
Cando estuvieron as prantas das nosas lentellas grandiñas, cada un levou o seu vasiño para casa, para continuar co seu coidado.
E así están as plantas que deixamos na aula:
Actividades coas sementes das plantas
Un dos primeiros pasos deste proxecto na clase de 2 A consistiu en recopilar diferentes sementes de diferentes alimentos (froitas, legumes, hortalizas) de uso comun nos seus fogares, e outros non tan comúns.
Pedimos as familias a sua colaboración para que aportaran o maior número de sementes posibles: Dátiles, peras, laranxas, mandarinas, mazás, lentellas, pementos, fabas, aguacates, ciruelas, son alguns exemplos das sementes que trouxeron os nenos.
Analizamos as diferentes formas, tamaños, cores, texturas e olores das sementes, valorando as súas diferenzas e semellanzas, e investigando sobre o tipo de plantas (arbóres, arbustos ou herbas) que nacerían delas.
Pedimos as familias a sua colaboración para que aportaran o maior número de sementes posibles: Dátiles, peras, laranxas, mandarinas, mazás, lentellas, pementos, fabas, aguacates, ciruelas, son alguns exemplos das sementes que trouxeron os nenos.
Analizamos as diferentes formas, tamaños, cores, texturas e olores das sementes, valorando as súas diferenzas e semellanzas, e investigando sobre o tipo de plantas (arbóres, arbustos ou herbas) que nacerían delas.
viernes, 25 de mayo de 2018
Pirámide alimenticia.
Na aula de 2ºB traballamos a pirámide alimenticia con dúas actividades semellantes.
A primeira delas foi unha ficha que nos axudou a comprender como é a pirámide, que significan cada un dos escalóns da pirámide e que alimentos se atopan en cada un deses escalóns.
E a segunda actividade foi a elaboración da nosa propia pirámide, introducindo recortes das revistas de publicidade dos supermercados tendo en conta en que escalón da pirámide tiñan que colocarse.
E este foi o resultado final!
Decoramos o noso corredor do colexio para que os compañeiros entendan cales son as bases dunha boa alimentación .
QUEDOUNOS XENIAL!
Merendas saudables e divertidas. Pincho e batido con froitas tropicais. (Parte 2)
A primeira actividade que fixemos coa axuda desta mamá foi un pincho de diferentes froitas como a papaia, a banana e o mango. Como se pode ver nas fotos para este obradoiro xa empregamos os nosos "salvamanteis" que elaboramos na actividade anterior e que nos mandou facer Xermoliño.
A segunda actividade que fixemos foi o batido, para facelo empregamos: maracuyá, froita da paixón, leite e auga.
Estaba boísimo, encantounos!
E por riba é natural e bo para o noso organismo!
Merendas saudables e divertidas. Pincho e batido con froitas tropicais. (Parte 1)
Os alumnos de 2ºB levamos a cabo un novo obradoiro impartido por outra mamá dunha das nosas compañeiras de aula.
Falounos das froitas típicas do seu país (Colombia), contounos como se chamaban, de que tipos de árbores saían e en que se diferenciaban dalgunhas outras froitas máis comúns na nosa zona.
2º carta de "XERMOLIÑO" e "prato do bo comer".
Os alumnos de 2ºB recibimos unha nova carta de Xermoliño propoñéndo unha nova actividade, e repasando os contidos que estamos aprendendo.
A nova actividade era elaborar un "salvamantel" co que sabíamos que tiña que levar un prato equilibrado ou tamén coñecido como "o prato do bo comer".
Puxémonos mans a obra e este foi o resultado final, a nosa mestra plastificouno para que poidéramos comer e beber enriba del sen problema!
Estimulación dos sentidos. CAIXAS MISTERIOSAS (Parte 2)
Algúns dos alimentos que había nas caixas misteriosas non os esperábamos, como por exemplo os epaguetes cocidos.
Pasámolo xenial e gustounos moito esta actividade!
Estimulación dos sentidos. CAIXAS MISTERIOSAS (Parte 1)
Os alumnos de 2ºB levamos a cabo outro obradoiro diferente coa mamá dun dos nosos compañeiros, neste caso tratábase de usar os sentidos do tacto e do olfacto para adiviñar que alimentos se agochaban dentro das caixas misteriosas.
Tíñamos que ir palpando dentro das caixas e anotando nunha ficha o alimento que pensábamos que contiña cada caixa.
miércoles, 23 de mayo de 2018
Merendas saudables e divertidas. Figuras e planetario con froitas (Parte 3)
Outra das actividades que levamos a cabo cos papás desta compañeira foi un planetario, deste xeito comemos froita e ao mesmo tempo repasamos o que sabemos dos planetas.
Empregamos diferentes froitas para representar os planetas.
Quedounos xenial! Fixemos un planetario con froitas fantástico e divertímonos moitísimo! O mellor de todo foi comer toda a froita que empregamos.
Merendas saudables e divertidas. Figuras e planetario con froitas. (Parte 2)
A seguinte figura que levamos a cabo foi a dun verme, algúns empleamos plátano e outros uvas!
Continuamos comendo e provando moita froita!
Merendas saudables e divertidas. Figuras e planetario con froitas. (Parte 1)
Os alumnos de 2ºB tivemos outra visita, esta vez foron os papás doutra compañeira.
Neste obradoiro fixemos figuriñas con diferentes froitas. Demostráronnos que con froita podemos facer unhas merendas moi divertidas e ricas.
Neste obradoiro fixemos figuriñas con diferentes froitas. Demostráronnos que con froita podemos facer unhas merendas moi divertidas e ricas.
Comezamos facendo unhas bolboretas moi chulas e o mellor de todo foi comelas!
Un obradoiro saudable. A nosa limoada natural (parte 2)
O primeiro paso que nos explicou a mamá do noso compañeiro para facer a limoada foi o de rodar presionando un pouco sobre a mesa o noso limón, deste xeito conseguimos que o zume do limón sexa moito máis doado de espremer.
Despois de rodar o limón xa comezamos a espremer o zume no noso vaso.
Unha vez feita a nosa limoada disfrutamos da nosa merenda acompañada do noso zume natural!
Un obradoiro saudable. A nosa limoada natural (parte 1).
Os alumnos de 2ºB tivemos a sorte de contar coa visita da mamá dun dos nosos compañeiros de clase.
Nesta visita elaboramos limoada natural. Moito máis boa e saudable que as que podemos mercar nos supermercados e aprobeitamos un recurso abundante da nosa zona como son os limóns.
Antes de comezar a facer a nosa limoada xogamos a un xogo de preguntas e o pasamos moi ben!
E despois de xogar comezamos a facer a nosa limoada!
Os nosos menús equilibrados.
Na clase de 2ºB aprendemos como debe ser o noso prato saudable, que ten que levar e que cantidade de cada cousa temos que comer. Outra cousa importante é saber o tipo de alimentos que son e que beneficios teñen no noso organismo.
Fixemos os nosos propios pratos equilibrados empregando pratos de cartón e revistas de publicidade dos supermercados.
Os expuxemos no corredor do noso colexio para que os compañeiros podan ver como debe ser un menú equilibrado!
O traballo final quedou xenial!
O noso pequeno horto ecolóxico.
Xermoliño, na súa carta, mandounos facer o noso propio sementeiro para ver medrar as nosas plantas. E nos plantamos: tomates, perexil, albahaca, leitugas, lentellas, etc...
Co tempo as nosas plantas medraron e xa están así de bonitas!
Esperamos que sigan medrando e que pronto saian os primeiros tomates!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)