Na aula de 2ºB traballamos a pirámide alimenticia con dúas actividades semellantes.
A primeira delas foi unha ficha que nos axudou a comprender como é a pirámide, que significan cada un dos escalóns da pirámide e que alimentos se atopan en cada un deses escalóns.
E a segunda actividade foi a elaboración da nosa propia pirámide, introducindo recortes das revistas de publicidade dos supermercados tendo en conta en que escalón da pirámide tiñan que colocarse.
E este foi o resultado final!
Decoramos o noso corredor do colexio para que os compañeiros entendan cales son as bases dunha boa alimentación .
QUEDOUNOS XENIAL!
No hay comentarios:
Publicar un comentario