miércoles, 27 de junio de 2018

PIRÁMIDE ALIMENTICIA HUMANA

Realizamos en colaboración con outros niveis do centro unha pirámide humana, distribuíndo as aulas e niveis por grupos de alimentos. Ademáis de preparar unha canción e un baile ("Arroz con chícharos").

PLANTAMOS OS NOSOS ALIMENTOS

Xerminamos as nosas propias sementes, analizando o proceso de crecemento e aportando os coidados precisos para obter os frutos. Os amorodos foron o elemento estrela, aínda que tamén obtivemos lentellas, xirasois, fabas...

CONTACONTOS "O COCIÑEIRO MARTIÑO"

Asistimos a presentación dun contacontos na nosa Biblioteca de centro, "O cociñeiro Martiño" de Iago López. Aprendemos ingredientes e unha receita dunprato caseiro e doce.


ELABORACIÓN DUNHA MERENDA SAUDABLE

Despois da visualización dun vídeo sobre os alimentos e hábitos saudables ("Los Hoobs" Editorial Planeta). Por medio de Brúxula (Illa Fantasía), realizamos unha meranda saudable e divertida: Sushi de xamón e aguacate, merend



a de dragóns.

PIRÁMIDE ALIMENTARIA

Realizamos unha pirámide alimentaria analizando diversa publicidade de varios supermercados  que o alumno trouxo á aula. Diseñamos carteis informativos sobre a orixe dos alimentos.





PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS HUMANA

PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS HUMANA

Como actividade final deste proxecto,as nenas e nenos de 1º colaboramos na formación dunha Pirámide alimenticia  ( os de 1º formamos base da pirámide con debuxos de hidratos de carbono en folio de cor laranxa) .

PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS



En primeiro fixemos unha pirámide de alimentos con recortes de folletos. 

O CONTO DO COCIÑEIRO MARTIÑO




Os alumnos e alumnos de 1ºrecibimos a visita deos moi : Iago López,autor do conto "O Cociñeiro Martiño".Pasámolo xenial e rimos moitísimo con algúns compañeiros que axudaron ao contacontos a representar o conto.

PLANTAMOS SEMENTES










En 1º, e coa chegada da primavera, plantamos sementes (fabas, lentellas e garabanzos). Puxemos algunhas en algodón húmido e outras en vasiños de iogur con terra, e experimentamos como era a súa evolución.

MERENDA CON BRÚXULA

 Recibimos a visita dun personaxe especial: BRÚXULA,que nos ensinou a receita do "SUSHILONG", que é a comida dos bebés dragóns dun prato importante na dieta dos bebés dragóns ( faise con pan de molde recheo con guacamole e xamón).Logo desfrutamos dun anaquiño os nenos e nenas de 1º



martes, 26 de junio de 2018

CANCIÓNS E BAILE

Para celebrar o remate deste proxecto,as nenas e nenos fixemos unha roda e bailamos e cantamos dúas cancións:
-Arroz con chícharos,cantiga popular.

-Tomates recheos, do libro-cd Eu cociño,ti cociñas? do grupo Mamá Cabra.

                                                                                                                                                                     

PIRÁMIDE ALIMENTICIA HUMANA

Como actividade final deste proxecto,as nenas e nenos de 1º colaboramos na formación dunha Pirámide alimenticia "Humana" no chanzo dos Hidratos de Carbono.Fixemos uns debuxos en folio laranxa de diferentes alimentos.



ACTIVIDADES CONXUNTAS. Pirámide e baile.

Os alumnos participantes no proxecto de "Somos o que comemos" levamos a cabo varias actividades grupais para dar por rematado o curso 2017-2018.
A primeira de elas foi a elaboración dunha pirámide alimenticia "humana", sendo os propios nenos e nenas os "compoñentes" de dita pirámide.
  • Os alumnos das tres aulas de primeiro formaron a parte da pirámide correspondente aos Hidratos de Carbono.
  • Dúas aulas de segundo formaron a parte da pirámide correspondente as verduras e as froitas.
  • A terceira das aulas de segundo fixéronse cargo das proteínas.
  • Os alumnos dunha das clases de catro anos de infantil encargáronse dos lácteos.
  • E finalmente os alumnos da outra aula de catro anos de infantil fixeron a parte correspondente aos doces e grasas.
Este foi o resultado final da nosa pirámide "humana".
QUEDOU XENIAL!

Bailes e cancions sobre a alimentación

Durante o proxecto, escoitamos e aprendimos varias cancionss relacionadas con alimentación saludable.
Unha actividade conxunta de todos os participantes no proxecta foi a elaboración dunha gran roda no patio do centro e Nela cantar en bailar as cancions: Arroz con chicharros, e cancions do disco de mama cabra, EU cociño, ti cociñas.



Bailes e cancions sobre a alimentación

Durante o proxecto, escoitamos e aprendimos varias cancionss relacionadas con alimentación saludable.
Unha actividade conxunta de todos os participantes no proxecta foi a elaboración dunha gran roda no patio do centro e Nela cantar en bailar as cancions: Arroz con chicharros, e cancions do disco de mama cabra, EU cociño, ti cociñas.



Pirámide de alimentación grupal

Todo o alumnado do proxecta participou na elaboracion dunha pirámide alimenticia xigante no patio do centro.
A nós tocaronnos as froitas. Cada neno pintou e pegou nun folio verde unha froita, e despois axudamos na creación desta gran pirámide.



lunes, 25 de junio de 2018

15.CANTAMOS E BAILAMOS TEMAS RELACIONADOS COA ALIMENTACIÓN:



Todo o alumando participante no Plan Proxecta “Aliméntate Ben”, xuntámos para cantar e bailar temas relacionados coa alimentación.



14.FORMAMOS UNHA PIRÁMIDE ALIMENTICIA:



Todo o alumando participante no Plan Proxecta “Aliméntate Ben”, formamos unha pirámide alimenticia. A nosa clase tocounos o eslabón dos azúcares.