viernes, 22 de junio de 2018

CONTACONTOS

As nenas e os nenos de 1º  tivemos a sorte de desfrutar dun contacontos moi especial: Iago López,autor do conto "O Cociñeiro Martiño".Pasámolo xenial e rimos moitísimo con algúns compañeiros que axudaron ao contacontos a representar o conto.



No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario