Tal e como nos informou Xermoliño na súa carta, o alumnado de 2ºB traballamos na pirámide en 3D. Tivemos que encher unha das caras da pirámide con alimentos e, para levalo a cabo, recortamos das revistas de publicidade dos supermercados unha gran cantidade de productos alimenticios e posteriormente, seleccionámolos segundo o escalón da pirámide ao que pertencían tendo en conta todo o que xa sabemos.
O resultado final foi sorprendente!
Estamos moi contentos de que a nosa parte da pirámide en 3D quedara así de ben! Agora temos que cedela aos nosos compañeiros de nivel das outras aulas para que eles podan levar a cabo a mesma tarefa!
Muy chula la pirámide. Así da gusto aprender.
ResponderEliminar