Os alumnos participantes no proxecto de "Somos o que comemos" levamos a cabo varias actividades grupais para dar por rematado o curso 2017-2018.
A primeira de elas foi a elaboración dunha pirámide alimenticia "humana", sendo os propios nenos e nenas os "compoñentes" de dita pirámide.
- Os alumnos das tres aulas de primeiro formaron a parte da pirámide correspondente aos Hidratos de Carbono.
- Dúas aulas de segundo formaron a parte da pirámide correspondente as verduras e as froitas.
- A terceira das aulas de segundo fixéronse cargo das proteínas.
- Os alumnos dunha das clases de catro anos de infantil encargáronse dos lácteos.
- E finalmente os alumnos da outra aula de catro anos de infantil fixeron a parte correspondente aos doces e grasas.
Este foi o resultado final da nosa pirámide "humana".
QUEDOU XENIAL!
Para traballar as recetas de cociña fixémolo co libro de Mamá Cabra chamado "Eu cociño, Ti cociñas".
O libro trae un CD de cancións coas que se fomenta a alimentación saudable, por iso outra das tarefas foi facer un baile grupal cunha das cancións de dito CD.
E para rematar o proxecto os alumnos e alumnas cantaron e bailaron a canción de
"ARROZ CON CHÍCHAROS".
No hay comentarios:
Publicar un comentario