miércoles, 13 de junio de 2018

Última carta de XERMOLIÑO e "AS ETIQUETAS NUTRICIONAIS"

Xermoliño mandounos aos alumnos de 2ºB unha nova carta. 
Pediunos que traballáramos nas etiquetas dos alimentos para entendelas e saber cales son os máis saudables.



Como Xermoliño é o noso compañeiro neste proxecto fixémoslle caso, lemos a carta e comezamos a traballar no encargo que nos deixou, tal e como nos explicou na súa carta. Deunos un pouco de pena saber que era a última carta do noso amigo, pero estámoslle moi agradecidos porque nos axudou a saber moito máis sobre a alimentación.




E este foi o resultado final do traballo que fixemos, quedounos moi ben e o expuxemos no corredor do noso colexio para que os compañeiros podan entender mellor as etiquetas dos alimentos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario