Os alumnos de 2ºB prantamos no mes de febreiro uns tomates ecolóxicos na nosa aula. Empregamos materiais reciclados como maceteiros, regámolos tódolos días un pouquiño, transplantámolos cando foi preciso e coidámolos moito.
Os tomates foron medrando e fixéronse moi grandes, vimos o seu proceso de crecemento pero por falta de tempo non chegamos a ver os tomatiños. Pero poidemos comprobar o ben que cheira a pranta do tomate e o bonitas que son as súas flores.
Pero como o curso remata e temos que marchar e disfrutar do verán, non podemos esperar a ver os tomates sair na nosa clase. Por iso levámolos para a nosa casa, para transplantalos na terra e velos medrar aínda máis.
E como non, poder comelos e saborealos.
Mmmmm....
No hay comentarios:
Publicar un comentario