Os papas de Xabi, alumno de 2A, acudiron a aula para falarnos dunha enfermidade relacionada coa alimentación: A celiaquia.
Na aula temos a dous alumnos con esta enfermidade, e explicáronnos como lle descubriron a Xabi que tiña esta enfermidade, qué síntomas tiña por non comer os alimentos adecuados para el, que alimentos son os que non poden comer, e por qué sustituir eses alimentos por outros do mesmo nivel na pirámide alimenticia. Explicáronnos que eles teñen que facer a mesma dieta ca nos, pero eliminando esas fariñas e cereais que eles non toleran, por outros que si toleran (como a fariña de arroz).
Tamen nos falaron das contaminacions cruzadas entre alimentos, e da importancia de ler as etiquetas dos productos que van consumir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario