4. VISITA DUN INXENIEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA
O pai do noso compañeiro Manu ofrecéusenos para vir a aula e contarnos un montón de cousas sobre as sementes e os cultivos tradicionais de Galicia, ademáis de ensinarnos a prantar
neste caso cebolas, millo e cabazas
aprendimos entre outras cousas que a semente da cabaza témola que meter na terra en posición vertical, tamén que os nosos bisavós e bisavoas no medio dos cultivos de millo prantaban cabazas para así evitar que saísen malas herbas que non deixasen medrar o millo, e que é común que algunhas sementes veñan recubertas dunha película de cor (neste caso as cabazas de verde e o millo de vermello) para protexélas dos fungos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario